CULTURA

TERRITORIO

LEICEAGA IMPULSARÁ “UN CONSORCIO DO CAMIÑO DE SANTIAGO” PARA DEFENDER O SEU PATRIMONIO CULTURAL E MANTER O ATRACTIVO TURÍSTICO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, defendeu hoxe en Sarria a posta en marcha “dun Consorcio do Camiño de Santiago” para coidar o seu patrimonio cultural e manter o atractivo turístico.

Leiceaga fixo declaracións aos medios de comunicación tras recorrer unha etapa do Camiño á inversa entre Sarria e Samos, “como símbolo dos miles de galegos, sobre todo mozos, que tiveron que marchar de Galicia para desenvolver a súa carreira profesional por culpa da política económica e de emprego de Feijóo”.

LEICEAGA IMPULSARÁ UN PLAN “PARA DAR EMPREGO CADA ANO A 10.000 MOZOS E FACER FRENTE AO GRAVE PROBLEMA DEMOGRÁFICO” QUE TEN GALICIA

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Lugo un plan de revitalización demográfica con “medidas de fondo como a contratación de 10.000 mozos e parados de longa duración cada ano”.

Na presentación da candidatura da provincia de Lugo, Leiceaga lamentou a “regresión demográfica” de Galicia e apostou por políticas de fondo, “non por caixas finlandesas que forman parte da tómbola de Feijóo, as medidas do PP son fachada e apariencia”.

LEICEAGA CRITICA QUE “CANDO FEIJÓO PRESUME DE QUE DEIXA UNHA GALICIA SEN PUFOS” ESQUECE “A DÉBEDA DE 800 MILLÓNS DE EUROS NO ÁLVARO CUNQUEIRO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que “cando Feijóo presume estes días de que deixa unha Galicia sen pufos”, esquece “o grave deterioro da sanidade pública”.

Leicega mantivo unha reunión coa xunta de persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, celebrada nunha pequena habitación porque a dirección do centro denegou o permiso para facela no salón de actos. “Este modelo de hospital é un ataque aos fundamentos públicos da sanidade, unha situación que reverteremos os socialistas”, apuntou.

Páxinas

Subscribirse a PSdeG RSS